CAKE AMARMORADO (Portugues)

Receta enviada por: MARIE-FRANCE LE GOFF


INGREDIENTES:
  • 1 yogurt (o envase serve de medidor)
  • 3 envases de fariña
  • 2 envases de zucre
  • 1 envase de aceite (mais o menos)
  • 1 culler de zucre avanillado
  • 1 sobre de levadura en polvo
  • 1 tableta de chocolate
  • 3 ovos
  • 1 chiquiño de sal

PREPARACIÓN:

Nunha cunca, verter o yogurt, a fariña, o chiquiño de sal e os ovos e logo mesturar.
Despois,engadir o zucre, o aceite, a culler de zucre avanillado, o sobre de levadura e mesturar de novo.
Nunha segunda cunca, verter o chocolate derretido( no micro ondas o a baño maria).
Depois,engadir nesta masa de chocolate a metade da masa anterior e mesturar!
Forrar coa mantequilla as paredes dun molde para cake, verquer masa branca, por encima masa de chocolate,repetidamente ata acabar a masa.
Antes de meter no forno, coller un coitelo e rabuñar profundamente a masa.
Cocer no forno 40 a 45 minutos( maís o menos) no forno prequentado( 180º).

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...